Friday 03 de May de 2024

‘Rock en Familia’ abre a segunda semana das Festas de María Pita


O espectáculo para todos os públicos fará un repaso das grandes bandas da historia da música rock

Este luns, a praza de María Pita acollerá o espectáculopara todos os públicos ‘Rock en Familia’, que servirá para abrir a segunda semana das Festas de María Pita 2023. A actuación comezará ás 20.00 horas e forma parte do ciclo ‘Noites de María Pita’, que enche de música a praza durante este mes de agosto.

‘Rock en Familia’ é un espectáculo pensado para todas as idades, no que grandes e
pequenos poderán gozar por igual da experiencia da música en directo, ao tempo de descobren a historia e as cancións dalgúns dos e das artistas máis importantes da historia do rock e do pop.

Este luns celebraranse tres espectáculos diferentes dentro do formato de ‘Rock en Familia’: Descubriendo a Ramones, I Love Rock and Roll e Descubriendo a Guns ‘n Roses. A través do contacontos O Oso Rosendo e diferentes bandas tributo, repasarase a traxectoria de formacións como Ramones, AC DC, Nirvana, The Beatles, Guns ‘n Roses ou Queen.

Programación Noites de María Pita
● 8 de agosto, 22.00 horas: The Waterboys
● 13 de agosto, 22.00 horas: Los40 Summer Live: Zzoilo, Leo Rizzi, Marlon, Hilario, Paula Cendejas, Polo Nández, Álvaro de Luna, Nickzzy, Miki Núñez, Charlie USG e Paula Koops.
● 15 de agosto, 22.00 horas: Xabier Díaz
● 16 de agosto, 22.00 horas: Umberto Tozzi

● 20 de agosto, 22.00 horas: Mangüi sempre en nós. Concerto homenaxe-celebración a Manuel Martín “Mangüi” con Os Diplomáticos de Monte-Alto, Antón Reixa, Bieito Romero, Josito Pereiro, Mercedes Peón, Paco Lodeiro, Uxía…